miércoles, 27 de noviembre de 2019

ACTOS DO XACOBEO 2021 QUE PROMOCIONAN O CAMIÑO REAL DE CASTELA A SANTIAGO AO SEU PASO POR SANDIÁS - Sentir e comprender o Camiño de Santiago no Século XXI-


As actividades de mañá e tarde son gratuítas e van dirixidas, previa inscrición (no teléfono 722876073), tanto aos peregrinos como á poboación local do concello intentando provocar un punto de encontro que afiance o sentimento de identificación co patrimonio gastronómico, empresarial, musical, histórico e natural propio da zona.
Camiño de Santiago o seu paso polo pobo de Piñeira de Arcos
- Pola mañá: Paseo guiado por un guía especializado en turismo e un ambientólogo/a: “A verea real de Castela a Santiago ao seu paso por Vilar de Sandiás” (10.00 h-12.00 h)
Comeza no Pazo do Penedo en Vilariño de Couso e ten o seu fin na Torre do Castro. Finaliza cunha degustación de pinchos e viños locais no Centro Social do Concello (12.00 h-12.30 h)
Pola tarde: Celébrase o Obradoiro Infantil na Casa da Cultura (17.00 h) mostrándolle de maneira divertida aos cativos a historia e valores que ten o lugar no que viven. Tamén realizarán xoguetes con elementos naturais. O Obradoiro de Adultos no Centro Social do Concello (16.00 h), da man de guías preparados, tentará facer memoria da riqueza do patrimonio material e inmaterial natural e histórico da zona. 
Cartel do Programa Vive o Camiño 2019
O punto final, pola tarde, será o acto “Cata o Camiño 2019” no Centro Social do Concello (17.00 h), unha viaxe a través dos sentidos polas potencialidades propias do Concello do Concello. Unha actriz convidará ao público asistente dunha forma lúdica a descubir o patrimonio escondido do noso concello. Entrevistará a productores gastronómicos, empresariais, musicais etc do noso concello. Cataranse produtos da zona.

SANDIÁS: ENTRE ROMANOS, IRMANDIÑOS E PEREGRINOS


Exísten moitas razóns para visitar, interesarse e namorarte de Sandiás e da súa veciñanza, da súa cultura, da súa paisaxe, patrimonio ou gastronomía.

No 2020-2021, aproveitando o acontecemento do Xacobeo 2021, queremos por en valor  a Verea Real como testemuña do Sandiás medieval e moderno. A Verea Real o seu paso por Sandiás ofrece varios espazos para disfrutar da ornitoloxía, rememorar a vida dos irmandiños e dos fidalgos dos pazos. Cerca da ruta encontrarás a Lagoa de Antela, especialmente as Areeiras de Sandiás, o Pazo do Telleiro e a Torre do Castro. Vótaslle un vistazo?
Cartel do Programa Vive o Camiño 2019
Un dos primeiros actos que xa está en marcha é o Vive o Camiño 2019, que promociona o Camiño Mozárabe ou tamén chamado Vía da Prata, neste caso, o seu paso polo Concello de Sandiás. Trátase dunha iniciativa da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia que descobre a través de paseos, obradoiros da natureza e de recuperación da memoria e catas gastronómicas e musicais o patrimonio e as singularidades do Concello de Sandiás.

Pero a cousa non termina ahí. Ao longo de 2020 e ata 2021 iremos coñecendo unha morea de cousas sobre o  camiño real o seu paso polo Concello de Sandiás: historias de peregrinos, patrimonio viario, viaxeiros ilustres que fixeron o camiño polo noso Concello, etc. 

Animate e vótalle un vistazo a páxina de vez en cando.