jueves, 26 de marzo de 2020

CARRIANDOLA. UN CÓMIC PARA RECORRER UNHA GRANDIOSA AVENTURA DA MAN DA HEROÍNA MARIÑA POLA VÍA DA PRATA/CAMIÑO MOZÁRABE


 Aira Editorial acaba de publicar o 25 de marzo de 2020 Carriandola, un cómic  para todos os públicos que narra as aventuras da heronía Mariña no Camiño Mozárabe-Ruta Vía da Prata, especialmente no tramo Allaríz-Maceda.
Fonte: Aira Editorial (2020)
O cómic publicase o abeiro do programa cultural O Teu Xacobeo promovido pola Xunta de Galicia, co gallo do Ano Xacobeo 2021, e ten como finalidade primordial promocionar e dar a coñecer a comarca de Allariz e Maceda.

Nesta primeira parte, o cómic finaliza cunha panorámica da Lagoa de Antela e a Torre do Castro (Sandiás) na comarca da Alta Limia.
Fonte: Viñeta de Cómic publicado por Aira Editorial (2020).

lunes, 9 de marzo de 2020

UNHA DAS NOVAS VARIANTES DA RUTA DO CAMIÑO DE SANTIAGO O SEU PASO POLO CONCELLO DE SANDIÁS: DENDE O CASTRÓN DO NOVAIÑO, PASANDO POLA NOGUEIRA ATA PIÑEIRA DARRIBA. (1)

Traballadores da Xunta de Galicia xa están coa maquinaria traballando na zona no tramo que vai dende o Castrón do Novaiño (altura do núcleo rural de Santa Ana, dende a Nacional 525), pasando pola Nogueira, Santa Mariña e Piñeira darriba. O camiño segue en dirección a San Salvador dos Penedos e Allariz.
Foto: Nova variante do Camiño de Santiago no Concello de Sandiás. 2020
Esta variante do camiño de Santiago transcorre caseque todo él por carreiras ou camiños de carros. Ao longo do camiño hai bidueiros, carballeiras, castros (castrón Novaiño), petroglifos (o penedo da cabra no Monte Pendón), ermidas (Santa Mariña), fontes de auga (Fonte da Costa), muiños ( Muiño dos Roleiros), pasadoiros de pedra, río así como moito patrimonio inmaterial ( lenda de Santa Mariña, lendas de mouros…).
Neste caso, quérese por en valor o tramo da nova variante do camiño que se aproxima a Piñeira darriba e que destaca por unha pontella ou pontiña, construcción simple de pedra de granito semellante a unha ponte pero máis sinxela, con empedrado continuo, pequeña e que serve para atravesar xente ou gando. Son froito da evolución dos pasadorios ou poldras. Non dispón de arcos nin de varanda. Tamén se lle coñece con nomes como pasarela,ponticelas, pontellos ou pontigos.
O seu carón, sempre están rodeadas dunha rica toponimia menor que neste momentos estase a perder totalmente. No noso caso, a toponimia menor deste tramo refléxase nos seguintes nomes: perdigón, regato vello, os terreos da cal, os liñares e os prados do muiño.

jueves, 5 de marzo de 2020

AS DÚAS NOVAS VARIANTES DO CAMIÑO DE SANTIAGO O SEU PASO POLO CONCELLO DE SANDIÁS


 Con motivo de la proximidad del año Xacobeo 2021 y en aras de mejorar la seguridad y espectacularidad del Camino de Santiago a su paso por Sandiás, el regidor de este municipio, Felipe Traveso, mantuvo la semana pasada un encuentro de trabajo con la gerente de la Axencia de Turismo de Galicia, Elena Barca. En él le transmitió a la responsable de la mencionada área la propuesta de acondicionar viales alternativos al camino principal que atraviesa Sandiás. El plan fue aprobado por Barca y esta misma semana varios operarios de la Xunta comenzaron con los trabajos. 
Obras na variante do Camiño de Santiago ao seu paso polo Concello de Sandiás. Tramo de Piñeira. Zona A Calzada ao carón dos prados do Muiño (5 Marzo, 2020).
"Imos a facer dúas rutas alternativas ao propio Camiño de Santiago, subsistindo o orixinal, como é lóxico", explicó Traveso. "O que pasa é que o camiño en Sandiás pasa todo por carretera, principalmente, pola estrada de Celanova e Nacional 525", añade. 
Obras na variante do Camiño de Santiago ao seu paso polo Concello de Sandiás. Tramo de Piñeira. Zona A Calzada ao carón dos prados do Muiño (5 Marzo, 2020).
Con las nuevas rutas alternativas, los peregrinos podrán elegir entre circular por el tramo habitual o apartarse por unas pistas de concentración parcelaria y transcurrir por las areneras de Sandiás. "Entendemos que se trata dunha zona moito máis bonita e menos perigosa, xa que a carretera o é moito máis", aseguró el regidor local. 
Por otro lado, un segundo tramo comenzará a la altura del núcleo rural de Santa Ana, desde la Nacional 525, y terminará en el de Piñeira de Arriba. "Este vial transcorre todo por camiños de antes, de carro. Hai bidueiros, carballeiras e unha fonte que se coñece co nome de Santa Mariña", relató el alcalde de Sandiás. "Nesta zona hai un pasadoiro de pedra e un río. É moi bonito. Esto vaise a adecentar tamén para que estean nas mellores condicións", añadió. 
Obras na variante do Camiño de Santiago ao seu paso polo Concello de Sandiás. Tramo de Piñeira. Zona A Calzada ao carón dos prados do Muiño (5 Marzo, 2020).
Los operarios instalarán en el antiguo tramo unos paneles informativos en los que se explicará la posiblidad de tomar ambos desvíos alternativos. "O trazado primitivo continúa exactamente igual", matizó nuevamente Traveso. "Os novos camiños non cambian para nada tampouco a calificación do suelo", añadió.
Fonte: La Región, 5 Marzo, 2020