Segundo indica o alcalde, Felipe Traveso, vanse realizar dúas rutas alternativas ao trazado oficial do Camiño, subsistindo o orixinal de maneira que os peregrinos poidan elixir entre camiñar polo tramo habitual de moito alfalto ou facelo por rutas naturais. As novas rutas reducen quilómetros polo asfalto e evitan o camiñar polo estreito arcén da estrada Nacional 525.
A intervención vaise a
levar a cabo de xeito especial en tres tramos: No primeiro tramo a ruta
alternativa pasará por unhas pistas de concentración parcelaria e transcorrerá
polo fantástico espazo natural das Areeiras de Sandiás. Un segundo tramo
comezará na Patomela e irá ata o cruce entre a Nacional 525 e o pobo de Santa Ana.
Finalmente, un terceiro tramo discorrerá entre o núcleo rural de Santa Ana (Patomela), pasando pola Nogueira e terminando en Piñeira de Arriba. Este terceiro tramo está especialmente cargado de beleza e transcorre todo por camiños de carro.
Finalmente, un terceiro tramo discorrerá entre o núcleo rural de Santa Ana (Patomela), pasando pola Nogueira e terminando en Piñeira de Arriba. Este terceiro tramo está especialmente cargado de beleza e transcorre todo por camiños de carro.
Nos tres tramos
mellorarase o trazado da variante, sanearanse as zonas encharcadas e
instalarase pedra onde proceda. Así mesmo, estase a traballar na mellora da
señalización ao longo de todo o camiño instalando nas novas rutas unha
señalización informativa que mostre aos peregrinos a posibilidade de tomar os
desvíos alternativos así como fitos e mojones de pedra, etc. O trazado do
camiño primitivo continúa exactamente igual e as novas rutas non cambian para
nada a cualificación do chan.
Estas rutas alternativas incorporan unha maior riqueza vinculada ao patrimonio viario e o peregrino poderá gozar dun numeroso e belo patrimonio natural, histórico e etnográfico (paisaxes naturais, igrexas, pazos, castros, petroglifos, fontes, ermidas, pontillóns, lendas).
Especialmente significativo, resulta o valor patrimonial paisaxístico, histórico e etnográfico do terceiro tramo como nova ruta, variante do camiño oficial. Trátase da que vai desde O Castrón (Novaiño), pasando pola Nogueira e chega ata o pobo de Piñeira Darriba, onde o camiño, cruzando o pobo rural, segue en dirección a San Salvador dos Penedos en Allariz. Esta variante do camiño de Santiago transcorre caseque todo el por carreiras ou camiños de carro. Ao longo do camiño hai bidueiros, carballeiras, castros (castrón Novaiño), petroglifos (o Penedo da Cabra no Monte Pendón), ermidas (Santa Mariña), fontes de auga (Fonte da Costa), muiños ( Muiño dos Roleiros), pontillóns de pedra, así como moito patrimonio inmaterial (lenda de Santa Mariña, lendas de mouros, etc).
Un elemento etnográfico e singular a destacar neste terceiro tramo é unha pontella ou pontiña, construción simple de pedra de granito semellante a unha ponte pero máis sinxela, con empedrado continuo, pequena e que serve para atravesar xente ou gando. E froito da evolución dos pasadorios ou poldras. Non dispón de arcos nin de varanda. Tamén se lle coñece con nomes como pasarela, ponticelas, pontellos ou pontigos. Ou seu carón, sempre están rodeadas dunha rica toponimia menor que neste momentos estase a perder totalmente. Non noso caso, a toponimia menor deste tramo refléxase nos seguintes nomes: “perdigón”, “regato vello”, “os terreos da cal”, “os liñares” e “os prados do muiño”, entre outros.






