domingo, 29 de diciembre de 2019
VISITA GUIADA AS TRES INSCRIPCIÓNS VIARIAS DE A LAMA EN VILARIÑO DAS POLDRAS
| anima |
| Video de la animadorda de la Asociación Sustinea explicando la Vía XVIII y los miliarios |
sábado, 21 de diciembre de 2019
APRENDER XOGANDO O CAMIÑO MOZÁRABE-VÍA DA PRATA O SEU PASO POLA LIMIA E POR SANDIÁS
Acaba de saír o puzzle do Camiño Mozárabe. Editado por Aira Editorial con ilustracións de Miguel Robledo. Entre outros elementos, aparece a Torre do Castro (Sandiás).
![]() |
| Puzzle montado do Camiño Mozárabe. Foto (Aira das Letras,2019) |
Trátase dun puzzle con formato de caixa con acabados e materiais didácticos moi coidados para que os nenos e nenas poidan aprender xogando e tamén traballar a habilidade da organización e o valor da paciencia.
![]() |
| Puzzle do Camiño Mozárabe |
Ademáis, o camiño tamén e cousa dos nenos e nenas e o puzzle é unha boa ferramenta didáctica para impulsar a participación e a implicación dos máis pequenos no camiño xa que é unha auténtica autopista de intercambio intercurtural.
![]() |
| Ilustración de Miguel Robledo da montaxe do puzzle onde se observa a Torre do Castro (Sandias) |
jueves, 19 de diciembre de 2019
PROXECTO PARA ACONDICIONAR A TORRE DO CASTRO NO 2020
As actuacións nos bens arqueolóxicos citados lévanse a cabo no marco do Programa Galicia-Feder 2019-2020. Preténdese actuar na conservación e accesibilidade das Torres da Alta e Baixa Limia, en concreto na Torre do Castro (Sandiás).
Os castelos e as torres e construccións fortificadas son edificios históricos estreitamente relacionados coa organización, estructuración, control e defensa do territorio ao longo do tempo. Polo seu tamaño e complexidade e pola peerda da súa función defensiva, estes elementos frecuentemente presentan dificultadees para a súa conservación, sendo necesario intervir na súa estructura e atopar novos usos para ocupalos.
A torre defensiva do Castro en Sandiás foi cedida polo Estado á Comunidade Autónoma coa consideración de BIC (Ben de Interese Cultural). A Torre do Castro é propiedade da Xunta de Galicia e corresponde preferente á Dirección Xeral do Patrimonio Cultural as actuacións sobre dito inmoble adscrito a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Neste caso, o custo total da operacion son 295.510,87 Euros. A axuda FEDER é de 230.753,23 Euros. A temporalización das actuacións está establecida entre Maio de 2018 e Novembro de 2020.
No caso da Torre do Castro (Sandiás) a intervención consiste na súa conservación e consolidación.
![]() |
| Torre do Castro. Foto: Oscar Pinal (2017) |
Os castelos e as torres e construccións fortificadas son edificios históricos estreitamente relacionados coa organización, estructuración, control e defensa do territorio ao longo do tempo. Polo seu tamaño e complexidade e pola peerda da súa función defensiva, estes elementos frecuentemente presentan dificultadees para a súa conservación, sendo necesario intervir na súa estructura e atopar novos usos para ocupalos.
A torre defensiva do Castro en Sandiás foi cedida polo Estado á Comunidade Autónoma coa consideración de BIC (Ben de Interese Cultural). A Torre do Castro é propiedade da Xunta de Galicia e corresponde preferente á Dirección Xeral do Patrimonio Cultural as actuacións sobre dito inmoble adscrito a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
![]() | |
|
No caso da Torre do Castro (Sandiás) a intervención consiste na súa conservación e consolidación.
jueves, 12 de diciembre de 2019
O ALCALDE DE SANDIÁS REUNIDO COS SEUS HOMÓLOGOS DO CAMIÑO MOZÁRABE-VIA DA PRATA
A Ruta Mozárabe alberga moitos máis traxectos
que a chamada Vía da Prata. O Camiño Mozárabe pasa por Sandiás cruzando a
antigua Vía XVIII (Vía Nova), que pasa ao pé da Torre do Castro e da Igrexa de Santo Estevo (Sandiás).
Continúa por Piñeira de Arcos.
![]() |
| Reunión da Xunta de Galicia cos Alcaldes do Camiño Mozárabe/Vía da Prata |
O Plan Director do Camiño de Santiago persegue poñer en valor todas as rutas e o próximo 2019 estará adicado á Ruta Mozárabe. Dentro da rede de Albergues do camiño está o de Sandiás ( estrada cara Couso de Limia).
A Xunta de Galicia reuniuse cos alcaldes deste itinerario (entre eles o Alcalde de Sandiás, Felipe Traveso,) para avanzar no proxecto de actuación integral que se executará en 2019-2020.
Así
mesmo, o novo albergue de peregrinos de Ourense, terá un centro de
interpretación do Camiño Mozárable-Vía da Prata.
martes, 10 de diciembre de 2019
PINTAME UN CAMIÑO. CADERNO DE PINTAR DA VÍA DA PRATA-CAMIÑO MOZÁRABE AO SEU PASO POLA LIMIA E O ARNOIA
![]() |
| Portada do libro |
Neste caderno están representadas escenas en Allariz (Santa Mariña de Augas Santas, Armea, ponte de Vilanova, igrexa de Santiago), Baños de Molgas (balneario, santuario dos Milagres, Fonte das Ninfas, Santa Eufemia), Maceda (castelo, os felos do Entroido, serra de San Mamede) e Xunqueira de Ambía (colexiata, Beiro). Inclúe tamén un mapa do Camiño de Santiago nestas comarcas.
Este caderno publícase dentro do programa Xacobeo 2021 promovido pola Xunta de Galicia.
![]() |
| Contraportada |
domingo, 8 de diciembre de 2019
O CAMIÑO REAL DE CASTELA A SANTIAGO ENTRE A XURISDICCIÓN DE XINZO E A DE SANDIÁS: O TRAMO ENTRE VILARIÑO DAS POLDRAS E A FONTELA
Non se pódese falar de camiño sinon de camiños dado que as rutas a
Compostela o seu paso pola provincia de Ourense foron múltiples pero houbo dúas
importantes: o Camiño de Castela, Camiño Oriental ou Vía da Prata-Camiño Mozárabe
(variante de Verín) e os Camiños Portugueses.
O trazado do Camiño Real de Catela coincide case na súa totalidade co Camiño de Santiago. Desde Xinzo (Xurisdicción do Conde de Monterrei) o Camiño Real levaba de novo a cruzar o río Limia pola desaparecida ponte das Poldras.
Ascende entre as casas de Vilariño das Poldras, tomando a dirección de Couso de Limia debido a que as obras de concentración parcelaria fixeron perder o antigo trazado. Entra, entre arboredos, ata Vilar de Sandiás (Xurisdicción do Marqués de Malpica non século XVIII), entrando polo campo das cruces.
![]() |
Fonte: Yolanda Barriocanal. O camiño real de Castela a Santiago.
Plano do tramo do camiño dende a ponte das Poldras ata Piñeira de Arcos. Aeljo Andrade Yáñez. 1841. Arquivo MOT
|
O Camiño Real entra na Xurisdicción de Piñeira de Arcos
(Señorío do Conde de Maceda) indo entras casas e separándose do Camiño Xacobeo,
tomando dirección a Fontela, pequeno lugar da Parroquia de Piñeira de Arcos.
![]() |
Fonte: Yolanda Barriocanal; O camiño real de Castela a Santiago.
Plano do tramo do camiño dende Piñeira de Arcos ata Fontela. Alejo Andrade Yáñez. 1841. Arquivo do MOPT
|
Despois de Guimarás, un penedo cunha cruz gravada indica o límite da xurisdicción de Piñeira e o comezo da de Allariz. O Camiño Xacobeo, pola contra, continúa por Santiago de Coedo, San Salvador dous Penedos e Santiago de Allariz.
jueves, 5 de diciembre de 2019
A REITORAL DE SAN XOAN DE PIÑEIRA DE ARCOS
A
casa reitoral e unha das tipoloxías da casa-vivenda rural tradicional. E unha
das casas reitorais máis senlleiras da Limia. É coetánea das casas-grandes e dos pazos. Foi
a vivenda unifamiliar onde viviu o crego que atendía a Parroquia de San Xoán de
Piñeira de Arcos.
![]() |
| Reitoral de San Xoán de Piñeira de Arcos |
A
data fundacional da reitoral tense producido en torno o século XVII e XVIII. É
posible ver no caleado dalgunhas paredes repetida en varias ocasións a data de
1790.
Sin
ter a grandilocuencia das casas-grandes, a súa estructura arquitectónica
aseméllase moito pois tamén dispoñía de dependencias básicas para o
desenvolvemento de tarefas relacionadas co agro e coas función que levaban a
cabo os seus moradores, tanto o crego como os familiares ou persoal de servizo.
O
conxunto da reitoral emprázase ao carón da Igrexa parroquial e do cemiterio e
conta cun edificio voluminoso onde predominan os materiais pétreos no exterior
e a madeira no interior. Co material granítico construíase os muros externos
feitos de boa fábrica e de gran austeridade os que daban os lugares públicos.
Nos muros da fachada que está ao carón do cemeterio e a Igrexa, aprécianse diversos
momentos constructivos xa que se mestura o perpiaño coa cachotería. Nas
fachadas que dan o patio distribuidor central, aparecen elementos de construcción
singulares como un balcón e escaleiras exteriores que conducen ao primeiro
andar.
O
edificio da reitoral consta de baixo de planta terrea e primeiro andar. No
baixo están al dependencias que teñen que ver co almacenaxe e no primeiro
andar, ao que se accede por escaleiras exteriores, están os recintos domésticos
como a cociña, salón, cuartos de durmir, despacho parroquial e zona de archivo.
![]() |
| Panorámica da planta conformada en forma de "U" |
Arredor
do patio central, hai construcción adxectivas como un alpendre, palleira,
varias cortes, pozo, poleiro, etc. Descoñécese
si en algún momento tivo canastro e pombal.Todas para atender as necesidades da
economía agraria.
A
cuberta dispón de tella curva do país a dúas augas coa excepción de dúas torres
de planta cadrada de tella curva,
perpiaños de boa labra e a catro augas con seteiras de carácter defensivo ou
protector e que da a entender a súa procedencia de tempos remotos. Rematan os
seus muros en cornixas do mesmo material indicado. A estructura do edificio ten
unha pranta conformada en forma de “U” desprovista de cheminea e calquera outro
elemento ornamental.
A
casa reitoral vai emprazada dentro dun amplo espazo de terreo protexido do
exterior por un alto muro no que hai un portalón alintelado, no que se
emplazaría unha fonte (según indica o inventario do planeamento urbanístico),
hoxe invisible pola maleza que ocupa o espazo Nese espazo enxértase as hortas e
os grandes diestros.
Co
paso do tempo o edificio primitivo sufriu modificacións. Ademáis da mestura de
perpiaño e cachotería e de que o granito en partes preséntase con resto de
encintado e noutros tramos sen rastro deste elemento, no pequeño patio traseiro
aparece un sartego (monumento funerario). Na fachada principal, recentemente,
anexouselle unha especie de pórtico en total disonancia co estilo do edificio.
![]() |
| Un dos Torreóns defensivos |
Malia
as magnitudes da reitoral, son poucos os vanos que aparecen nas súas paredes
(algúns cegados). Pódense ver desde simples bufardas ata fiestras de grandes
dimensións con montante.
Cos
cambios introducidos na vida moderna e o descenso do número de cregos, perdeu a
súa función orixinal e foi abandonada, estando en estado de ruina total. A
propiedade da reitoral de San Xoán de Piñeira de Arcos é da Igrexa.
Polos
anos noventa, a Consellaría de Cultura, xunto coa Escola Técnica Superior de
Arquitectura de A Coruña, fixo o inventario de todas as casas reitorais das diócesis
de Galicia, inventariado que a día de hoxe está sen difundir. No ano 2008 a
Consellaría creou un “Plan de Casas Rectorais” co obxectivo de recuperalas pero
co cambio de goberno en 2009, dito plan tivo un parón.
Fontes:
Manuel Caamaño Suárez "A Alta Limia. O patrimonio das construccións rurais tradicionais. A vivenda" en ............ páxinas, 249-265.
Catalogo da Alta Limia (http://www.altalimia.org/)
Ficha do catálogo do planeamento urbanístico do Concello de Sandiás. Clave de identificación: AC-18.
Libros Parroquiais de San Xoan de Piñeira de Arcos
Manuel Caamaño Suárez "A Alta Limia. O patrimonio das construccións rurais tradicionais. A vivenda" en ............ páxinas, 249-265.
Catalogo da Alta Limia (http://www.altalimia.org/)
Ficha do catálogo do planeamento urbanístico do Concello de Sandiás. Clave de identificación: AC-18.
Libros Parroquiais de San Xoan de Piñeira de Arcos
f
AS TRES INSCRIPCIÓNS VIARIAS DE A LAMA EN VILARIÑO DAS POLDRAS
No ano 1995 foron atopados por un veciño de Vilariño das Poldras (Sandiás), enterrados nunha das súas propiedades que posuía nun sitio denominado O campo da Lama, un grupo de tres miliarios. Encargábanse de marcar a milla LXVII dende Braga. Neste lugar é ben visible o trazado da Vía Nova ou Vía XVIII (calzada de Bracara a Asturica), apreciándoseun pequeño lombo nunca finca próxima.
Dende aquí a vía continuaba cara o pobo de Couso, pasando polo leste do núcleo e deixando á esquerda o visible pazo de O Telleiro. O lombo, discontinuamente conservado presenta nesta zona unha altura entre 1 e 1.5 m. Esta Via Nova tivo a maior densidade de miliarios de todo o Imperio Romano.
O interés dos veciños do pobo de Vilariño das Poldras e do Concello de Sandiás fixo posible que non foran trasladados ó Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, habilitando un espazo a uns 40 m ao noroeste do lugar de aparición, nunha beira da pista de concentración parcelaria que une Vilariño das Poldras con Sandiás.
Como dixo Rodríguez Colmenero “ a instalación xunto cos seus compañeiros, en cadanseu podio, conferiulles un extraordinario realce”.
Como dixo Rodríguez Colmenero “ a instalación xunto cos seus compañeiros, en cadanseu podio, conferiulles un extraordinario realce”.
Miliario 1. Ten 2.44 metros de altura e está adicado ó emperador Maximino e o seu fillo Máximo (235-238 d.C). Caius Iulius Verus Maximinus foi o primeiro emperador de orixe bárbara. Moi similar en altura o adicado o emperador Magnencio na milla XIV en Bouca do Padreiro, terras de Bouro con 2.40 metros de altura. Aínda así non supera o de maiores dimensións (máis de 3 metros) situado en Correlhá (Ponte de Lima-Portugal) e conservado no Museo Nacional de Arqueoloxía e Etnografía de Lisboa. Ten o seu favor que pasa por ser un dos exemplares mellor conservados de toda a Vía Nova, contando cun texto visible, claro e correcto a excepción da repetición na oitava liña de fil despois do nome de Maximino. A transcripción foi realizada por Rodríguez Colmenero, Ferrer Sierra e Álvarez Asorey.
As inscricións do miliario 1 aparecen gravadas a base de cincel, con pegada máis ou menos profundas e sen ningún resto de pintura. Aparecen gravadas na parte superior do cilindro, cadrando o epígrafe á altura dos ollos do viaxeiro. As letras alcanzan unha altura enre 5 e 9 cm e o seu texto desenvólvese en 11 lineas como e propio dos miliarios adicados a Maximino e Máximo. Ten 67 cm de diámetro.
O formulario do texto epígrafo comeza co nome do emperador, seguen as titulaturas imperiais e remata coas distancias en millas. No caso do miliario 1 de Vilariño das Poldras, a inscrición vese completada con apuntas a traballos de construcción e restauración das vías.
A redacción escrita no baixo imperio en relación con Maximino e Máximo está en dativo e constitúe unha auténtica dedicatoria das autoridades locais a modo de propaganda imperial.
O formulario do texto epígrafo comeza co nome do emperador, seguen as titulaturas imperiais e remata coas distancias en millas. No caso do miliario 1 de Vilariño das Poldras, a inscrición vese completada con apuntas a traballos de construcción e restauración das vías.
A redacción escrita no baixo imperio en relación con Maximino e Máximo está en dativo e constitúe unha auténtica dedicatoria das autoridades locais a modo de propaganda imperial.
Miliario 2 e 3. En ambos casos trátase de dúas columnas correspondentes ao período do baixo imperio que adoitan ser cipos cilíndricos toscos e mal traballados, especialmente os anepígrafes como niste caso. Nunha pódese apreciar algún sinal epigráfico, aínda que con repicados intencionais. A outra non parece haber contado con inscripción. As súas medidas de altura son respectivamente 267 e 223 cm.
![]() |
| Antonio Colmenero, Santiago Ferrer e Rubén Asorey; Miliarios e outras inscricións viarias do noroeste hispánico, Consello da Cultura Galega, 2004 |
![]() |
| Antonio Colmenero, Santiago Ferrer e Rubén Asorey; Miliarios e outras inscricións viarias do noroeste hispánico, Consello da Cultura Galega, 2004 |
![]() |
| Antonio Colmenero, Santiago Ferrer e Rubén Asorey; Miliarios e outras inscricións viarias do noroeste hispánico, Consello da Cultura Galega, 2004 |
![]() |
| Infografía periódico La Región |
![]() | |
|
![]() | |
|
![]() | |
|
Fontes de consulta:
- Santiago Ferrer Sierra; Sinalización romana das Vías no Noroeste de Hispania no III Congreso das Obras Públicas Romanas. Xunta de Castilla e León. 2006
- Antonio Colmenero, Santiago Ferrer e Rubén Asorey; Miliarios e outras inscricións viarias do noroeste hispánico, Consello da Cultura Galega, 2004.
- Xulio Rodríguez González e Manuel Xusto Rodríguez; “O mundo castrexo e a romanización na Alta Limia: estado actual e perspectivas” en Xulio Rodríguez (Ed.); Patrimonio Cultural da Alta Limia. Discurso histórico e ordenación del territorio, Fundación Barrié, 2013, páx 67-69.
- Catalogación do Patrimonio Cultural da Alta Limia. 2008 (http://www.altalimia.org)
A IGREXA DE SANTO ESTEVO DE SANDIÁS NA EXPOSICIÓN DA VÍA DA PRATA EN 3D
Visitando a exposición “O Camiño de Santiago en 3D” no Centro Cultural Marcos Valcárcel pode un levarse unha gran sorpresa. Ao por as lentes 3D e se comeza a facer o percorrido, de súpeto encontramonos coa Igrexa de Santo Estevo de Sandiás.
O peregrino contempla nesta ruta un valioso patrimonio natural, etnográfico e histórico, ao seu paso pola provincia de Ourense e tamén ou seu paso por Sandiás.
É recomendable a súa visita. Estará en Ourense ata o 8 de Decembro.
RUTAS XACOBEAS PARA PEREGRINAR A SANTIAGO POLOS CAMIÑOS OURENSÁNS. VÍA DA PRATA (VARIANTE VERÍN) AO SEU PASO POR SANDIÁS.
miércoles, 4 de diciembre de 2019
XORNADA PROGRAMA “VIVE O CAMIÑO” O SEU PASO POR SANDIÁS -Cerre: Catar o camiño-
Para rematar, no local social do Concello, tivemos o magnífico acto de cerre. Primeiro, escoitamos a Uxía Morán que nos introduciu no camiño dun xeito moi ameno con boa música de ambiente e improvisada dramatización.
![]() |
| Uxía Morán improvisando unha dramatización sobre o Camiño de Santiago (Local Social do Concello, 29 Novembro, 2019) |
![]() |
| Entrevista de Uxía a Xaime, responsable da Taberna A Corte dos Bois en Santana (20 Novembro, 2019) |
![]() |
| Entrevista de Uxía a Toño, Xerente do Restaurante Novaiño e a Carlos, responsable das Cachenas de Couso de Limia (20 Novembro, 2019) |
![]() |
| Cata de empanada, tortilla e postre de leite frita no Local Social do Concello de Sandiás (29 Novembro, 2019). |
XORNADA PROGRAMA “VIVE O CAMIÑO” O SEU PASO POR SANDIÁS -Pola tarde: Obradoiro infantil e de adultos-
As catro da tarde comenzou o obradoiro de adultos e as cinco o obradoiro infantil onde os cativos e os veciños máis maiores intentaron por en valor o noso patrimonio humano e cultual, charlando, debuxando e lembrando moitas historias, para podeer así compartilas cos peregrinos que pasan polo noso concello e poñelas en valor.
![]() |
| Obradoiro infantil sobre o Camiño de Santiago-Vía da Prata acompañado por animadores da Asociación Xeitura (390 Novembro, 2019) |
XORNADA PROGRAMA “VIVE O CAMIÑO” O SEU PASO POR SANDIÁS -Pola Mañá: Paseo pola Verea Real de Castela a Santiago o seu paso por Vilar de Sandiás-
Rematamos a Xornada do Sábado, 30 de Novembro pola mañá mostrando varios momentos e escenas do Programa “Vive o Camiño” o seu paso polo Concello de Sandiás.
![]() |
| Paneis co patrimonio cultural do Camiño de Santiago |
Rematamos a aventura repoñendo forzas no Centro Social coata cata dunha ceervexa e un pincho de paté con lacón con grelos.
miércoles, 27 de noviembre de 2019
ACTOS DO XACOBEO 2021 QUE PROMOCIONAN O CAMIÑO REAL DE CASTELA A SANTIAGO AO SEU PASO POR SANDIÁS - Sentir e comprender o Camiño de Santiago no Século XXI-
As actividades de mañá e tarde son gratuítas e van dirixidas, previa inscrición (no teléfono 722876073), tanto aos peregrinos como á poboación local do concello intentando provocar un punto de encontro que afiance o sentimento de identificación co patrimonio gastronómico, empresarial, musical, histórico e natural propio da zona.
![]() |
| Camiño de Santiago o seu paso polo pobo de Piñeira de Arcos |
Comeza no Pazo do Penedo en Vilariño de Couso e ten o seu fin na Torre do Castro. Finaliza cunha degustación de pinchos e viños locais no Centro Social do Concello (12.00 h-12.30 h)
- Pola tarde: Celébrase o Obradoiro Infantil na Casa da Cultura (17.00 h) mostrándolle de maneira divertida aos cativos a historia e valores que ten o lugar no que viven. Tamén realizarán xoguetes con elementos naturais. O Obradoiro de Adultos no Centro Social do Concello (16.00 h), da man de guías preparados, tentará facer memoria da riqueza do patrimonio material e inmaterial natural e histórico da zona.
![]() |
| Cartel do Programa Vive o Camiño 2019 |
SANDIÁS: ENTRE ROMANOS, IRMANDIÑOS E PEREGRINOS
Exísten moitas razóns para visitar, interesarse e namorarte de Sandiás e da súa veciñanza, da súa cultura, da súa paisaxe, patrimonio ou gastronomía.
No 2020-2021, aproveitando o acontecemento do Xacobeo 2021, queremos por en valor a Verea Real como testemuña do Sandiás medieval e moderno. A Verea Real o seu paso por Sandiás ofrece varios espazos para disfrutar da ornitoloxía, rememorar a vida dos irmandiños e dos fidalgos dos pazos. Cerca da ruta encontrarás a Lagoa de Antela, especialmente as Areeiras de Sandiás, o Pazo do Telleiro e a Torre do Castro. Vótaslle un vistazo?
![]() |
| Cartel do Programa Vive o Camiño 2019 |
Pero a cousa non termina ahí. Ao longo de 2020 e ata 2021 iremos coñecendo unha morea de cousas sobre o camiño real o seu paso polo Concello de Sandiás: historias de peregrinos, patrimonio viario, viaxeiros ilustres que fixeron o camiño polo noso Concello, etc.
Animate e vótalle un vistazo a páxina de vez en cando.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)









































