jueves, 5 de diciembre de 2019

AS TRES INSCRIPCIÓNS VIARIAS DE A LAMA EN VILARIÑO DAS POLDRAS

No ano 1995 foron atopados por un veciño de Vilariño das Poldras (Sandiás), enterrados nunha das súas propiedades que posuía nun sitio denominado O campo da Lama, un grupo de tres miliarios. Encargábanse de marcar a milla LXVII dende Braga. Neste lugar é ben visible o trazado da Vía Nova ou Vía XVIII (calzada de Bracara a Asturica), apreciándoseun pequeño lombo nunca finca próxima.
Dende aquí a vía continuaba cara o pobo de Couso, pasando polo leste do núcleo e deixando á esquerda o visible pazo de O Telleiro. O lombo, discontinuamente conservado presenta nesta zona unha altura entre 1 e 1.5 m. Esta Via Nova tivo a maior densidade de miliarios de todo o Imperio Romano.
O interés dos veciños do pobo de Vilariño das Poldras e do Concello de Sandiás fixo posible que non foran trasladados ó Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, habilitando un espazo a uns 40 m ao noroeste do lugar de aparición, nunha beira da pista de concentración parcelaria que une Vilariño das Poldras con Sandiás.
Como dixo Rodríguez Colmenero “ a instalación xunto cos seus compañeiros, en cadanseu podio, conferiulles un extraordinario realce”.


Miliario 1. Ten 2.44 metros de altura e está adicado ó emperador Maximino e o seu fillo Máximo (235-238 d.C). Caius Iulius Verus Maximinus foi o primeiro emperador de orixe bárbara. Moi similar en altura o adicado o emperador Magnencio na milla XIV en Bouca do Padreiro, terras de Bouro con 2.40 metros de altura. Aínda así non supera o de maiores dimensións (máis de 3 metros) situado en Correlhá (Ponte de Lima-Portugal) e conservado no Museo Nacional de Arqueoloxía e Etnografía de Lisboa. Ten o seu favor que pasa por ser un dos exemplares mellor conservados de toda a Vía Nova, contando cun texto visible, claro e correcto a excepción da repetición na oitava liña de fil despois do nome de Maximino. A transcripción foi realizada por Rodríguez Colmenero, Ferrer Sierra e Álvarez Asorey.
As inscricións do miliario 1 aparecen gravadas a base de cincel, con pegada máis ou menos profundas e sen ningún resto de pintura. Aparecen gravadas na parte superior do cilindro, cadrando o epígrafe á altura dos ollos do viaxeiro. As letras alcanzan unha altura enre 5 e 9 cm e o seu texto desenvólvese en 11 lineas como e propio dos miliarios adicados a Maximino e Máximo. Ten 67 cm de diámetro.
O formulario do texto epígrafo comeza co nome do emperador, seguen as titulaturas imperiais e remata coas distancias en millas. No caso do miliario 1 de Vilariño das Poldras, a inscrición vese completada con apuntas a traballos de construcción e restauración das vías.
A redacción escrita no baixo imperio en relación con Maximino e Máximo está en dativo e constitúe unha auténtica dedicatoria das autoridades locais a modo de propaganda imperial.






Miliario 2 e 3. En ambos casos trátase de dúas columnas correspondentes ao período do baixo imperio que adoitan ser cipos cilíndricos toscos e mal traballados, especialmente os anepígrafes como niste caso. Nunha pódese apreciar algún sinal epigráfico, aínda que con repicados intencionais. A outra non parece haber contado con inscripción. As súas medidas de altura son respectivamente 267 e 223 cm.

Antonio Colmenero, Santiago Ferrer e Rubén Asorey; Miliarios e outras inscricións viarias do noroeste hispánico, Consello da Cultura Galega, 2004



Antonio Colmenero, Santiago Ferrer e Rubén Asorey; Miliarios e outras inscricións viarias do noroeste hispánico, Consello da Cultura Galega, 2004


Antonio Colmenero, Santiago Ferrer e Rubén Asorey; Miliarios e outras inscricións viarias do noroeste hispánico, Consello da Cultura Galega, 2004
Infografía periódico La Región






Infografía periódico La Región





Infografía periódico La Región





Infografía periódico La Región



Fontes de consulta:

- Santiago Ferrer Sierra; Sinalización romana das Vías no Noroeste de Hispania no III Congreso das Obras Públicas Romanas. Xunta de Castilla e León. 2006
- Antonio Colmenero, Santiago Ferrer e Rubén Asorey; Miliarios e outras inscricións viarias do noroeste hispánico, Consello da Cultura Galega, 2004.
- Xulio Rodríguez González e Manuel Xusto Rodríguez; “O mundo castrexo e a romanización na Alta Limia: estado actual e perspectivas” en Xulio Rodríguez (Ed.); Patrimonio Cultural da Alta Limia. Discurso histórico e ordenación del territorio, Fundación Barrié, 2013, páx 67-69.
- Catalogación do Patrimonio Cultural da Alta Limia. 2008 (http://www.altalimia.org)