domingo, 29 de diciembre de 2019

VISITA GUIADA AO PAZO DO TELLEIRO EN COUSO DE LIMIA

Video da  animadora  da Asociación Sustinea explicando o Pazo do Telleiro e a vida dos fidalgos (30 Novembro, 2019)
Video da  animadora  da Asociación Sustinea explicando o Pazo do Telleiro e a vida dos fidalgos (30 Novembro, 2019)

VISITA GUIADA AS TRES INSCRIPCIÓNS VIARIAS DE A LAMA EN VILARIÑO DAS POLDRAS

anima
Video de la animadorda de la Asociación Sustinea explicando la Vía XVIII y los miliarios
Grupo con visita guiada pola Asociación Sustinea aos Miliarios de Vilariño das Poldras no marco do Programa "Vive o Camiño" (30 Novembro, 2019)

Grupo con visita guiada pola Asociación Sustinea aos Miliarios de Vilariño das Poldras no marco do Programa "Vive o Camiño" (30 Novembro


sábado, 21 de diciembre de 2019

APRENDER XOGANDO O CAMIÑO MOZÁRABE-VÍA DA PRATA O SEU PASO POLA LIMIA E POR SANDIÁS

Acaba de saír o puzzle do Camiño Mozárabe. Editado por Aira Editorial con ilustracións de Miguel Robledo. Entre outros elementos, aparece a Torre do Castro (Sandiás).
Puzzle montado do Camiño Mozárabe. Foto (Aira das Letras,2019)

Trátase dun puzzle con formato de caixa con acabados e materiais didácticos moi coidados para que os nenos e nenas poidan aprender xogando e tamén traballar a habilidade da organización e o valor da paciencia.



Puzzle do Camiño Mozárabe

Ademáis, o camiño tamén e cousa dos nenos e nenas e o puzzle é unha boa ferramenta didáctica para impulsar a participación e a implicación dos máis pequenos no camiño xa que é unha auténtica autopista de intercambio intercurtural.



Ilustración de Miguel Robledo da montaxe do puzzle onde se observa a Torre do Castro (Sandias)
O camiño, sin duda, é unha ferramenta educativa que engloba moitos aspectos. Cada vez se valora máis o contacto coa natureza, os múltiples beneficios para a saúde que ten o camiñar e a práctica do senderismo. Ademáis os rapaces e rapazas aprender xeografía, historia, bioloxía, etnografía, costumbres e ata gastronomía.

jueves, 19 de diciembre de 2019

PROXECTO PARA ACONDICIONAR A TORRE DO CASTRO NO 2020

 As actuacións nos bens arqueolóxicos citados lévanse a cabo no marco do Programa Galicia-Feder 2019-2020. Preténdese actuar na conservación e accesibilidade das Torres da Alta e Baixa Limia, en concreto na Torre do Castro (Sandiás).

Torre do Castro. Foto: Oscar Pinal (2017)


Os castelos e as torres e construccións fortificadas son edificios históricos estreitamente relacionados coa organización, estructuración, control e defensa do territorio ao longo do tempo. Polo seu tamaño e complexidade e pola peerda da súa función defensiva, estes elementos frecuentemente presentan dificultadees para a súa conservación, sendo necesario intervir na súa estructura e atopar novos usos para ocupalos.

A torre defensiva do Castro en Sandiás foi cedida polo Estado á Comunidade Autónoma coa consideración de BIC (Ben de Interese Cultural). A Torre do Castro é propiedade da Xunta de Galicia e corresponde preferente á Dirección Xeral do Patrimonio Cultural as actuacións sobre dito inmoble adscrito a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

La Región, 16 Novembro, 2019
Neste caso, o custo total da operacion son 295.510,87 Euros. A axuda FEDER é de 230.753,23 Euros. A temporalización das actuacións está establecida entre Maio de 2018 e Novembro de 2020.

No caso da Torre do Castro (Sandiás) a intervención consiste na súa conservación e consolidación.

jueves, 12 de diciembre de 2019

O ALCALDE DE SANDIÁS REUNIDO COS SEUS HOMÓLOGOS DO CAMIÑO MOZÁRABE-VIA DA PRATA


 A Ruta Mozárabe alberga moitos máis traxectos que a chamada Vía da Prata. O Camiño Mozárabe pasa por Sandiás cruzando a antigua Vía XVIII (Vía Nova), que pasa ao pé da Torre do Castro e da Igrexa de Santo Estevo (Sandiás). Continúa por Piñeira de Arcos.

Reunión da Xunta de Galicia cos Alcaldes do Camiño Mozárabe/Vía da Prata


O Plan Director do Camiño de Santiago persegue  poñer en valor todas as rutas e o próximo 2019 estará adicado á Ruta Mozárabe. Dentro da rede de 
Albergues do camiño está o de Sandiás ( estrada cara Couso de Limia).

A Xunta de Galicia reuniuse cos alcaldes deste itinerario (entre eles o Alcalde de Sandiás, Felipe Traveso,) para avanzar no proxecto de actuación integral que se executará en 2019-2020.

 Así mesmo, o novo albergue de peregrinos de Ourense, terá un centro de interpretación do Camiño Mozárable-Vía da Prata.

martes, 10 de diciembre de 2019

PINTAME UN CAMIÑO. CADERNO DE PINTAR DA VÍA DA PRATA-CAMIÑO MOZÁRABE AO SEU PASO POLA LIMIA E O ARNOIA

Caderno para pintar ao redor do tramo da Vía da Prata-Camiño Mozárabe que discorre pola Limia e polo Arnoia. A ilustradora Lidia Nokonoko tira de imaxinación e delicadeza para compoñer láminas que apetece encher de cor. 

Portada do libro
Neste caderno están representadas escenas en Allariz (Santa Mariña de Augas Santas, Armea, ponte de Vilanova, igrexa de Santiago), Baños de Molgas (balneario, santuario dos Milagres, Fonte das Ninfas, Santa Eufemia), Maceda (castelo, os felos do Entroido, serra de San Mamede) e Xunqueira de Ambía (colexiata, Beiro). Inclúe tamén un mapa do Camiño de Santiago nestas comarcas.
Este caderno publícase dentro do programa Xacobeo 2021 promovido pola Xunta de Galicia.

Contraportada


domingo, 8 de diciembre de 2019

O CAMIÑO REAL DE CASTELA A SANTIAGO ENTRE A XURISDICCIÓN DE XINZO E A DE SANDIÁS: O TRAMO ENTRE VILARIÑO DAS POLDRAS E A FONTELA


Non se pódese falar de camiño sinon de camiños dado que as rutas a Compostela o seu paso pola provincia de Ourense foron múltiples pero houbo dúas importantes: o Camiño de Castela, Camiño Oriental ou Vía da Prata-Camiño Mozárabe (variante de Verín) e os Camiños Portugueses.

O trazado do Camiño Real de Catela coincide case na súa totalidade co Camiño de Santiago. Desde Xinzo (Xurisdicción do Conde de Monterrei) o Camiño Real levaba de novo a cruzar o río Limia pola desaparecida ponte das Poldras.

Ascende entre as casas de Vilariño das Poldras, tomando a dirección de Couso de Limia debido a que as obras de concentración parcelaria fixeron perder o antigo trazado. Entra, entre arboredos, ata Vilar de Sandiás (Xurisdicción do Marqués de Malpica non século XVIII), entrando polo campo das cruces.



Fonte: Yolanda Barriocanal. O camiño real de Castela a Santiago.
Plano do tramo do camiño dende a ponte das Poldras ata Piñeira de Arcos. Aeljo Andrade Yáñez. 1841. Arquivo MOT
O Camiño Real entra na Xurisdicción de Piñeira de Arcos (Señorío do Conde de Maceda) indo entras casas e separándose do Camiño Xacobeo, tomando dirección a Fontela, pequeno lugar da Parroquia de Piñeira de Arcos. 


Fonte: Yolanda Barriocanal; O camiño real de Castela a Santiago.
Plano do tramo do camiño dende Piñeira de Arcos ata Fontela. Alejo Andrade Yáñez. 1841. Arquivo do MOPT
Despois de Guimarás, un penedo cunha cruz gravada indica o límite da xurisdicción de Piñeira e o comezo da de Allariz. O Camiño Xacobeo, pola contra, continúa por Santiago de Coedo, San Salvador dous Penedos e Santiago de Allariz.

jueves, 5 de diciembre de 2019

A REITORAL DE SAN XOAN DE PIÑEIRA DE ARCOS

A casa reitoral e unha das tipoloxías da casa-vivenda rural tradicional. E unha das casas reitorais máis senlleiras da Limia.  É coetánea das casas-grandes e dos pazos. Foi a vivenda unifamiliar onde viviu o crego que atendía a Parroquia de San Xoán de Piñeira de Arcos.


Reitoral de San Xoán de Piñeira de Arcos

A data fundacional da reitoral tense producido en torno o século XVII e XVIII. É posible ver no caleado dalgunhas paredes repetida en varias ocasións a data de 1790.
Sin ter a grandilocuencia das casas-grandes, a súa estructura arquitectónica aseméllase moito pois tamén dispoñía de dependencias básicas para o desenvolvemento de tarefas relacionadas co agro e coas función que levaban a cabo os seus moradores, tanto o crego como os familiares ou persoal de servizo.
O conxunto da reitoral emprázase ao carón da Igrexa parroquial e do cemiterio e conta cun edificio voluminoso onde predominan os materiais pétreos no exterior e a madeira no interior. Co material granítico construíase os muros externos feitos de boa fábrica e de gran austeridade os que daban os lugares públicos. Nos muros da fachada que está ao carón do cemeterio e a Igrexa, aprécianse diversos momentos constructivos xa que se mestura o perpiaño coa cachotería. Nas fachadas que dan o patio distribuidor central, aparecen elementos de construcción singulares como un balcón e escaleiras exteriores que conducen ao primeiro andar.
O edificio da reitoral consta de baixo de planta terrea e primeiro andar. No baixo están al dependencias que teñen que ver co almacenaxe e no primeiro andar, ao que se accede por escaleiras exteriores, están os recintos domésticos como a cociña, salón, cuartos de durmir, despacho parroquial e zona de archivo.


Panorámica da planta conformada en forma de "U"


Arredor do patio central, hai construcción adxectivas como un alpendre, palleira, varias cortes, pozo,  poleiro, etc. Descoñécese si en algún momento tivo canastro e pombal.Todas para atender as necesidades da economía agraria.
A cuberta dispón de tella curva do país a dúas augas coa excepción de dúas torres de planta cadrada  de tella curva, perpiaños de boa labra e a catro augas con seteiras de carácter defensivo ou protector e que da a entender a súa procedencia de tempos remotos. Rematan os seus muros en cornixas do mesmo material indicado. A estructura do edificio ten unha pranta conformada en forma de “U” desprovista de cheminea e calquera outro elemento ornamental.
A casa reitoral vai emprazada dentro dun amplo espazo de terreo protexido do exterior por un alto muro no que hai un portalón alintelado, no que se emplazaría unha fonte (según indica o inventario do planeamento urbanístico), hoxe invisible pola maleza que ocupa o espazo Nese espazo enxértase as hortas e os  grandes diestros.
Co paso do tempo o edificio primitivo sufriu modificacións. Ademáis da mestura de perpiaño e cachotería e de que o granito en partes preséntase con resto de encintado e noutros tramos sen rastro deste elemento, no pequeño patio traseiro aparece un sartego (monumento funerario). Na fachada principal, recentemente, anexouselle unha especie de pórtico en total disonancia co estilo do edificio.


Un dos Torreóns defensivos

Malia as magnitudes da reitoral, son poucos os vanos que aparecen nas súas paredes (algúns cegados). Pódense ver desde simples bufardas ata fiestras de grandes dimensións con montante.
Cos cambios introducidos na vida moderna e o descenso do número de cregos, perdeu a súa función orixinal e foi abandonada, estando en estado de ruina total. A propiedade da reitoral de San Xoán de Piñeira de Arcos é da Igrexa.
Polos anos noventa, a Consellaría de Cultura, xunto coa Escola Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña, fixo o inventario de todas as casas reitorais das diócesis de Galicia, inventariado que a día de hoxe está sen difundir. No ano 2008 a Consellaría creou un “Plan de Casas Rectorais” co obxectivo de recuperalas pero co cambio de goberno en 2009, dito plan tivo un parón.

Fontes:

Manuel Caamaño Suárez "A Alta Limia. O patrimonio das construccións rurais tradicionais. A vivenda" en ............ páxinas, 249-265.
Catalogo da Alta Limia (http://www.altalimia.org/)
Ficha do catálogo do planeamento urbanístico do Concello de Sandiás. Clave de identificación: AC-18.
Libros Parroquiais de San Xoan de Piñeira de Arcos
f

AS TRES INSCRIPCIÓNS VIARIAS DE A LAMA EN VILARIÑO DAS POLDRAS

No ano 1995 foron atopados por un veciño de Vilariño das Poldras (Sandiás), enterrados nunha das súas propiedades que posuía nun sitio denominado O campo da Lama, un grupo de tres miliarios. Encargábanse de marcar a milla LXVII dende Braga. Neste lugar é ben visible o trazado da Vía Nova ou Vía XVIII (calzada de Bracara a Asturica), apreciándoseun pequeño lombo nunca finca próxima.
Dende aquí a vía continuaba cara o pobo de Couso, pasando polo leste do núcleo e deixando á esquerda o visible pazo de O Telleiro. O lombo, discontinuamente conservado presenta nesta zona unha altura entre 1 e 1.5 m. Esta Via Nova tivo a maior densidade de miliarios de todo o Imperio Romano.
O interés dos veciños do pobo de Vilariño das Poldras e do Concello de Sandiás fixo posible que non foran trasladados ó Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, habilitando un espazo a uns 40 m ao noroeste do lugar de aparición, nunha beira da pista de concentración parcelaria que une Vilariño das Poldras con Sandiás.
Como dixo Rodríguez Colmenero “ a instalación xunto cos seus compañeiros, en cadanseu podio, conferiulles un extraordinario realce”.


Miliario 1. Ten 2.44 metros de altura e está adicado ó emperador Maximino e o seu fillo Máximo (235-238 d.C). Caius Iulius Verus Maximinus foi o primeiro emperador de orixe bárbara. Moi similar en altura o adicado o emperador Magnencio na milla XIV en Bouca do Padreiro, terras de Bouro con 2.40 metros de altura. Aínda así non supera o de maiores dimensións (máis de 3 metros) situado en Correlhá (Ponte de Lima-Portugal) e conservado no Museo Nacional de Arqueoloxía e Etnografía de Lisboa. Ten o seu favor que pasa por ser un dos exemplares mellor conservados de toda a Vía Nova, contando cun texto visible, claro e correcto a excepción da repetición na oitava liña de fil despois do nome de Maximino. A transcripción foi realizada por Rodríguez Colmenero, Ferrer Sierra e Álvarez Asorey.
As inscricións do miliario 1 aparecen gravadas a base de cincel, con pegada máis ou menos profundas e sen ningún resto de pintura. Aparecen gravadas na parte superior do cilindro, cadrando o epígrafe á altura dos ollos do viaxeiro. As letras alcanzan unha altura enre 5 e 9 cm e o seu texto desenvólvese en 11 lineas como e propio dos miliarios adicados a Maximino e Máximo. Ten 67 cm de diámetro.
O formulario do texto epígrafo comeza co nome do emperador, seguen as titulaturas imperiais e remata coas distancias en millas. No caso do miliario 1 de Vilariño das Poldras, a inscrición vese completada con apuntas a traballos de construcción e restauración das vías.
A redacción escrita no baixo imperio en relación con Maximino e Máximo está en dativo e constitúe unha auténtica dedicatoria das autoridades locais a modo de propaganda imperial.






Miliario 2 e 3. En ambos casos trátase de dúas columnas correspondentes ao período do baixo imperio que adoitan ser cipos cilíndricos toscos e mal traballados, especialmente os anepígrafes como niste caso. Nunha pódese apreciar algún sinal epigráfico, aínda que con repicados intencionais. A outra non parece haber contado con inscripción. As súas medidas de altura son respectivamente 267 e 223 cm.

Antonio Colmenero, Santiago Ferrer e Rubén Asorey; Miliarios e outras inscricións viarias do noroeste hispánico, Consello da Cultura Galega, 2004



Antonio Colmenero, Santiago Ferrer e Rubén Asorey; Miliarios e outras inscricións viarias do noroeste hispánico, Consello da Cultura Galega, 2004


Antonio Colmenero, Santiago Ferrer e Rubén Asorey; Miliarios e outras inscricións viarias do noroeste hispánico, Consello da Cultura Galega, 2004
Infografía periódico La Región






Infografía periódico La Región





Infografía periódico La Región





Infografía periódico La Región



Fontes de consulta:

- Santiago Ferrer Sierra; Sinalización romana das Vías no Noroeste de Hispania no III Congreso das Obras Públicas Romanas. Xunta de Castilla e León. 2006
- Antonio Colmenero, Santiago Ferrer e Rubén Asorey; Miliarios e outras inscricións viarias do noroeste hispánico, Consello da Cultura Galega, 2004.
- Xulio Rodríguez González e Manuel Xusto Rodríguez; “O mundo castrexo e a romanización na Alta Limia: estado actual e perspectivas” en Xulio Rodríguez (Ed.); Patrimonio Cultural da Alta Limia. Discurso histórico e ordenación del territorio, Fundación Barrié, 2013, páx 67-69.
- Catalogación do Patrimonio Cultural da Alta Limia. 2008 (http://www.altalimia.org)

A IGREXA DE SANTO ESTEVO DE SANDIÁS NA EXPOSICIÓN DA VÍA DA PRATA EN 3D

Visitando a exposición “O Camiño de Santiago en 3D” no Centro Cultural Marcos Valcárcel pode un levarse unha gran sorpresa. Ao por as lentes 3D e se comeza a facer o percorrido, de súpeto encontramonos coa Igrexa de Santo Estevo de Sandiás.
O peregrino contempla nesta ruta un valioso patrimonio natural, etnográfico e histórico, ao seu paso pola provincia de Ourense e tamén ou seu paso por  Sandiás.
É recomendable a súa visita. Estará en Ourense ata o 8 de Decembro.


Fotografía da Igrexa de Santo Estevo (Sandiás)
Cartel da Exposición



RUTAS XACOBEAS PARA PEREGRINAR A SANTIAGO POLOS CAMIÑOS OURENSÁNS. VÍA DA PRATA (VARIANTE VERÍN) AO SEU PASO POR SANDIÁS.

Infografía 1 publicada polo xornal La Región. 16 de Decembro do2018 
Infografía 2 publicada polo xornal La Región. 16 de Decembro do2018 

Infografía 3 publicada polo xornal La Región. 16 de Decembro do2018 


Infografía 4 publicada polo xornal La Región. 16 de Decembro do2018 
Vía da Prata (variante de Verín) ao seu paso por Sandiás



miércoles, 4 de diciembre de 2019

XORNADA PROGRAMA “VIVE O CAMIÑO” O SEU PASO POR SANDIÁS -Cerre: Catar o camiño-

Para rematar, no local social do Concello, tivemos o magnífico acto de cerre. Primeiro, escoitamos a Uxía Morán que nos introduciu no camiño dun xeito moi ameno con boa música de ambiente e improvisada dramatización.
Uxía Morán improvisando unha dramatización sobre o Camiño de Santiago (Local Social do Concello, 29 Novembro, 2019)
Seguimos coas entrevistas a produtores locais: Toño, do Restaurante Novaiño, Carlos, coas Cachenas de Couso de LImia e Xaime, cos produtos musicais da Corte dos Bois.
Entrevista de Uxía a Xaime, responsable da Taberna A Corte dos Bois en Santana (20 Novembro, 2019)

Entrevista de Uxía a Toño, Xerente do Restaurante Novaiño e a Carlos, responsable das Cachenas de Couso de Limia (20 Novembro, 2019)
Todo isto acompañado dunha cata de empanada, tortilla e postre de leite frita. Todos produtos locais e ecolóxicos.

Cata de empanada, tortilla e postre de leite frita no Local Social do Concello de Sandiás (29 Novembro, 2019).

XORNADA PROGRAMA “VIVE O CAMIÑO” O SEU PASO POR SANDIÁS -Pola tarde: Obradoiro infantil e de adultos-

As catro da tarde comenzou o obradoiro de adultos e as cinco o obradoiro infantil onde os cativos e os veciños máis maiores intentaron por en valor o noso patrimonio humano e cultual, charlando, debuxando e lembrando moitas historias, para podeer así compartilas cos peregrinos que pasan polo noso concello e poñelas en valor.
Obradoiro infantil sobre o Camiño de Santiago-Vía da Prata acompañado por animadores da Asociación Xeitura (390 Novembro, 2019)


XORNADA PROGRAMA “VIVE O CAMIÑO” O SEU PASO POR SANDIÁS -Pola Mañá: Paseo pola Verea Real de Castela a Santiago o seu paso por Vilar de Sandiás-

Rematamos a Xornada do Sábado, 30 de Novembro pola mañá mostrando varios momentos e escenas do Programa “Vive o Camiño” o seu paso polo Concello de Sandiás.
Paneis co patrimonio cultural do Camiño de Santiago
Pola mañá percorremos parte da Verea Real de Castela a Santiago o seu pasopor Vilar de Sandiás. A imaxinación leveounos ata o Ponte das Poldras e visitamos o Pazo do Penedo, o Pazo do Telleiro, o Centro de Interpretación da Lagoa de Antela e a Igrexa de Santo Estevo en Sandiás.
Rematamos a aventura repoñendo forzas no Centro Social coata cata dunha ceervexa e un pincho de paté con lacón con grelos.