viernes, 31 de enero de 2020

CHARLA DA HISTORIADORA YOLANDA BARRIOCANAL SOBRE AS FONTES PARA O ESTUDO DO TRAZADO E TERRITORIO HISTÓRICO DO CAMIÑO DE SANTIAGO, VÍA DA PRATA


A ponencia da historiadora foi o 5 de Febreiro do 2020 no centro cultural Marcos Válcarcel dentro do ciclo xacobeo organizado por catorce centros do campus noroeste da UNED.
No campo concreto dos camiños de Santiago e na súa dimensión patrimonial foi comisionada pola Xunta de Galicia para potenciar o Proxecto da Vía da Prata como itinerario cultural. De igual maneira, formou parte do equipo redactor do estudo do territorio histórico vinculado a Vía da Prata de cara a delimitar o seu trazado e as súas zonas de protección.
Historiadora Yolanda Barriocanal. Fonte: UNED Ourense (2020)
Comisionou a Exposición O Camiño real de Castela por Ourense, base do camiño de peregrinación da Vía da Prata 2011 que percorreu as principais vilas por onde pasaba o camiño. Fruto da exposición foi o libro O Camiño Real de Castela por Ourense, base do camiño de peregrinación Vía da Prata, Xunta de Galicia-Grupo Marcelo Macías de colaboradores do Museo e Arquivo de Ourense, 2011.
Panel Exposición O Camiño Real de Castela por Ourense (2011).
No panel  móstrase o camiño real dende a Ponte de Vilariño das Poldras.
Tamén coordinou as Xornadas de Protección dos camiños históricos de Galicia xunto ao historiador Carlos Nárdiz (Consello da Cultura Galega, 2013).

RUTA XACOBEA POLA LIMIA COA FINALIDADE DE POÑER EN VALOR O CAMIÑO MOZÁRABE-VÍA DA PRATA. ENTRE OUTRAS VILAS, O SEU PASO POLA VILA DE SANDIÁS


No mes de Febreiro do ano 2018 púxose en marcha esta iniciativa co obxectivo de dar a coñecer e por en valor a variable sur do Camiño Mozárabe/Vía da Prata. A iniciativa correu a cargo da Asociación de Amigos da Vía da Prata-Camiño Mozárabe de Ourense coa colaboración do Concello de Xinzo de Limia e da Sociedade que xestiona o Xacobeo 2021.
Cartel da Ruta Xacobea. Fonte: Dende A Limia (2018)
As rutas das xornadas tiñan previsto tres etapas dende Monterrei a Ourense, pasando polas vilas de Viladerrei, Xinzo de Limia, Sandiás e Allariz.

martes, 14 de enero de 2020

XOSÉ CORNIDE. UN VIAXEIRO E ESPÍA ILUSTRADO CORUÑÉS DO SÉCULO XVIII DE PASO POR PIÑEIRA DE ARCOS E SANDIÁS


Memorias da viaxe que vou facer desde a Coruña á Corte (1754)

Aos seus estudos sobre mineria, pesca e agricultura de Galicia, engadiu as súas afeccións literarias, os relatos de viaxes. Os seus tempranos relatos que se inician en torno a 1754 están plagados de disgresións sobre a situación de Galicia. Na súa leira de Mondego experimentaba con gusanos. En 1765 foi o fundador da Academia de Agricultura de Galicia. En 1755 foi nomeado membro da Real Academia da Historia.
O relato
da viaxe que aqui nos interesa leva por título Memorias da viaxe que vou facer desde a Coruña á Corte”, executado en 1754. Tiña 20 anos cando saíu da Coruña.
Mapa do Bispado de Ourense de Cornide, 1973
O día 26 de Novembro de 1754 pasou por Piñeira de Arcos e Sandiás e dirixiuse cos seus acompañantes a Xinzo de Limia e Chamosiños.

No 1754… p. 65 de barriocanal contextualiza camiño:

“ (...) El 26 a las ocho y media de la mañana dejamos esta villa y subimos una agria cuesta de un cuarto de legua y atravesamos como otra de una cadena de áridos picachos y empezamos a bajar hacia el país de la Limia; esta llanura que conserva su antiguo nombre, era la situación de los pueblos Límicos; su extensión es de cuatro leguas de largo desde un lugar llamado Codosedo, en la falda de la Sierra de la Alberguería (Albergaria), hasta la Puente Linares hacia la raya de Portugal; y de ancho desde una aldea llamada Sandiás hasta otra por nombre Chamosiños; por en medio un ramo de montezuelos desprendido de la sierra ya nombrada, dejando cerca de Ginzo (Xinzo de Limia) un corto espacio por donde se comunica la superior, que es hacia Chamosiños y Villa de Rey con la inferior de ella; desde Sandiás el primer lugar que encontramos bajando a la llanura es Piñeyra de Arcos (Piñeira); éste piensa Gándara sea la patria de Santa Mariña pero se engaña.
A un cuarto de legua de Piñeyra (Piñeira) está Sandiás a la falda de la montaña; antes de llegar al lugar, dejamos a la izquierda una torre ya derrotada que es hoy de la excelentísima casa de Malpica y fue fundación de Sancho Díaz, padre de Bernardo del Carpio, de donde San Díaz o Sandiás, según Pelllicer (...)”

Fonte:

 J.Manuel Abascal y Rosario Cebrián; Los viajes de José Cornide por España y Portugal de 1754 a 1801, Real Academia de la Historia, 2009, p. 141.

sábado, 4 de enero de 2020

POR QUÉ O TOPÓNIMO VILAR DE SANDIÁS?

En relación co termo Vila
A primeira organización de urxencia coa chegada dos romanos foi sen dúbida a civitate. Organizado o territorio provisionalmente, crean os romanos os foros que foron centros administrativos-económicos.


Páxina 497 do libro A Limia de Eligio Rivas Quintnas
O que era a villa romana, explotación agrícola de primeiras, acolle agora o aparato administrativo e o funcionariado. Estas villae son as que lle van a dar traballo as xentes dos castros.  A ocupación castrexa do territorio xa é moito máis intensa na que podemos destacar unha tripla diferenciación zonal: os castros da chaira (minoritarios); castros do primeiro anfiteatro (maioritarios) e castros do segundo anfiteatro. E a ocupación galaico-romana densificou a ocupación do espazo de transición entre o primeiro anfiteatro e a chaira e trouxo consigo unha intensificación da ocupación das terras baixas ou de chaira.
En relación co noso concello de Sandiás, Elixio Rivas fai referencia a distintos restos na Vrea Vella ou camiño romano que ven de Sandiás e tamén en Piñeira de Arcos, á beira do cemiterio e o carón da igrexa e reitorial atópanse enterramentos dunha necrópole romana.


Jairo Javier García Sánchez, Atlas toponímico de España, Editorial Arco-Libros, 2007, p. 155-156
O que era a villa ou villae era nun principio unha graña ou granxa. Eran explotacións rurais romanas a cuxo frente estaba un régulo. Coa medra da poboación e o reparto das terras, en torno o século V pasaron a aldeas. En torno ao século XII-XIII co empuxe da emerxente burguesía convertíronse en “ciudades rurais”.
Partindo do latín Villa  é sustituída no primeiro valor e función polo Villare: Vilar de Santos, Vilar de Barrio, Vilariño e o noso Vilar de Sandiás. Nun principio Villare significou parte dunha Vila e máis adiante Villa pequeña.
Recorda Elixio Rivas que ainda nos comenzos do século XIX Sandiás chamábase Vilar de Sandiás (Villar de Sandianes na obra de Vicente Risco, Descrp. 218).
En relación co termo Sandiás
Según Elixio Rivas hay que desestimar a procedencia toponímica da evolución etimolóxica de Sanctio Iohannes así como a procedencia de Sancho Díaz (Sandíaz), pai de Bernaldo do Carpio e outras interpretacións, xa que coa súa orixe tense argallado moito.
A interpretación correcta do topónimo ven da presenza do reino suevo (411-585) e o posterior reino visigodo (585-711) onde quedan lembranzas na toponimia como no caso do antropotopónimo Sandiás que ven dun nome medieval de persoa xermánico (Sánd-ila), hipocorístico do antropónimo Sando/Sandus, que significa “verdadeiro”).Estes antropotopónimos adoitan formarse a partir do xenitivo do nome persoal e son moi comúns os terminados en –as (Sandiás), correspondente a nome persoal masculino en –a (Sándila).
Por outra parte, a maior parte dos topónimos xermánicos  non proceden do momento das invasións ou do dominio xermánico sinón de tempos posteriores como a Reconquista. Trátase en boa medida de propietarios ou fundadores de poblacións medievais que abundan, sobre todo, no noroeste peninsular.
Os nomes persoais latinizados adoitan ir precedidos  dun sustantivo do tipo villa, villar ou comúnmente levalo eludido (Sandiás).
Mapa Fontán
Durante a Idade Media a ocupación da poboación cambia de tendencia e escapa das terras máis baixas e centrais da chaira e volta a concentrarse no espazo de transición entre a chaira e o primeiro anfiteatro pero sin esquencer as terras do segundo anfiteatro vinculadas a emplazamentos de tipo defensivo cunha funcionalidade de control visual do territorio. En torno aos séculos XIV-XV comezou a desgaleguización dos nomes de pobos e freguesías por obra dos alcaldes e secretarios que os condes trouxeron de Castela e continuada polos secretarios dos concellos. ¿???
Selo do Concello de Sandiás en 1870
Xa fai cáseque 40 anos que Elixio Rivas nos dicía “quíxose castellanizar en Sandianes, pero a xente di sempre Sandiás”.

 Relacionar co mapa de fontán que mantén o topónimo sandiás. Ver si encontró o de Luis de ferro couselo ou o do libro da deputación.
. en 1870 o selo do concello está castelanizado (ver foto).
Mapas e recortes que teño no móvil.
. poner o mapa donde sale nun triángulo o germánico sandiás.
. tamén as referencias científicas ao mapa de fontán.

.A sua origem está em SANDILANES que, por perda do L e do N intervocálicos, dá Sandiães na Idade Média -e ainda hoje em Portugal-, e posteriormente Sandiaas > Sandiás. SANDILANIS é o genitivo de SANDILA, antropónimo germánico que significa "o verdadeiro". Portanto, "Sandianes" é umha burda invençom castelhanizante, pois nunca existiu como tal.
Fontes e imaxes
. val do limia, p. 497 e 507
. A limia II, 2018. P. 16-17.
. patrimonio da alta limia. 
.Jairo Javier García Sánchez, Atlas toponímico de España, Editorial Arco-Libros, 2007, p. 155-156
. Xulia Marqués Valea e Vicente Feijóo Ares; Toponimia de Xinzo de Limia (PPT)