viernes, 31 de enero de 2020

CHARLA DA HISTORIADORA YOLANDA BARRIOCANAL SOBRE AS FONTES PARA O ESTUDO DO TRAZADO E TERRITORIO HISTÓRICO DO CAMIÑO DE SANTIAGO, VÍA DA PRATA


A ponencia da historiadora foi o 5 de Febreiro do 2020 no centro cultural Marcos Válcarcel dentro do ciclo xacobeo organizado por catorce centros do campus noroeste da UNED.
No campo concreto dos camiños de Santiago e na súa dimensión patrimonial foi comisionada pola Xunta de Galicia para potenciar o Proxecto da Vía da Prata como itinerario cultural. De igual maneira, formou parte do equipo redactor do estudo do territorio histórico vinculado a Vía da Prata de cara a delimitar o seu trazado e as súas zonas de protección.
Historiadora Yolanda Barriocanal. Fonte: UNED Ourense (2020)
Comisionou a Exposición O Camiño real de Castela por Ourense, base do camiño de peregrinación da Vía da Prata 2011 que percorreu as principais vilas por onde pasaba o camiño. Fruto da exposición foi o libro O Camiño Real de Castela por Ourense, base do camiño de peregrinación Vía da Prata, Xunta de Galicia-Grupo Marcelo Macías de colaboradores do Museo e Arquivo de Ourense, 2011.
Panel Exposición O Camiño Real de Castela por Ourense (2011).
No panel  móstrase o camiño real dende a Ponte de Vilariño das Poldras.
Tamén coordinou as Xornadas de Protección dos camiños históricos de Galicia xunto ao historiador Carlos Nárdiz (Consello da Cultura Galega, 2013).