sábado, 4 de enero de 2020

POR QUÉ O TOPÓNIMO VILAR DE SANDIÁS?

En relación co termo Vila
A primeira organización de urxencia coa chegada dos romanos foi sen dúbida a civitate. Organizado o territorio provisionalmente, crean os romanos os foros que foron centros administrativos-económicos.


Páxina 497 do libro A Limia de Eligio Rivas Quintnas
O que era a villa romana, explotación agrícola de primeiras, acolle agora o aparato administrativo e o funcionariado. Estas villae son as que lle van a dar traballo as xentes dos castros.  A ocupación castrexa do territorio xa é moito máis intensa na que podemos destacar unha tripla diferenciación zonal: os castros da chaira (minoritarios); castros do primeiro anfiteatro (maioritarios) e castros do segundo anfiteatro. E a ocupación galaico-romana densificou a ocupación do espazo de transición entre o primeiro anfiteatro e a chaira e trouxo consigo unha intensificación da ocupación das terras baixas ou de chaira.
En relación co noso concello de Sandiás, Elixio Rivas fai referencia a distintos restos na Vrea Vella ou camiño romano que ven de Sandiás e tamén en Piñeira de Arcos, á beira do cemiterio e o carón da igrexa e reitorial atópanse enterramentos dunha necrópole romana.


Jairo Javier García Sánchez, Atlas toponímico de España, Editorial Arco-Libros, 2007, p. 155-156
O que era a villa ou villae era nun principio unha graña ou granxa. Eran explotacións rurais romanas a cuxo frente estaba un régulo. Coa medra da poboación e o reparto das terras, en torno o século V pasaron a aldeas. En torno ao século XII-XIII co empuxe da emerxente burguesía convertíronse en “ciudades rurais”.
Partindo do latín Villa  é sustituída no primeiro valor e función polo Villare: Vilar de Santos, Vilar de Barrio, Vilariño e o noso Vilar de Sandiás. Nun principio Villare significou parte dunha Vila e máis adiante Villa pequeña.
Recorda Elixio Rivas que ainda nos comenzos do século XIX Sandiás chamábase Vilar de Sandiás (Villar de Sandianes na obra de Vicente Risco, Descrp. 218).
En relación co termo Sandiás
Según Elixio Rivas hay que desestimar a procedencia toponímica da evolución etimolóxica de Sanctio Iohannes así como a procedencia de Sancho Díaz (Sandíaz), pai de Bernaldo do Carpio e outras interpretacións, xa que coa súa orixe tense argallado moito.
A interpretación correcta do topónimo ven da presenza do reino suevo (411-585) e o posterior reino visigodo (585-711) onde quedan lembranzas na toponimia como no caso do antropotopónimo Sandiás que ven dun nome medieval de persoa xermánico (Sánd-ila), hipocorístico do antropónimo Sando/Sandus, que significa “verdadeiro”).Estes antropotopónimos adoitan formarse a partir do xenitivo do nome persoal e son moi comúns os terminados en –as (Sandiás), correspondente a nome persoal masculino en –a (Sándila).
Por outra parte, a maior parte dos topónimos xermánicos  non proceden do momento das invasións ou do dominio xermánico sinón de tempos posteriores como a Reconquista. Trátase en boa medida de propietarios ou fundadores de poblacións medievais que abundan, sobre todo, no noroeste peninsular.
Os nomes persoais latinizados adoitan ir precedidos  dun sustantivo do tipo villa, villar ou comúnmente levalo eludido (Sandiás).
Mapa Fontán
Durante a Idade Media a ocupación da poboación cambia de tendencia e escapa das terras máis baixas e centrais da chaira e volta a concentrarse no espazo de transición entre a chaira e o primeiro anfiteatro pero sin esquencer as terras do segundo anfiteatro vinculadas a emplazamentos de tipo defensivo cunha funcionalidade de control visual do territorio. En torno aos séculos XIV-XV comezou a desgaleguización dos nomes de pobos e freguesías por obra dos alcaldes e secretarios que os condes trouxeron de Castela e continuada polos secretarios dos concellos. ¿???
Selo do Concello de Sandiás en 1870
Xa fai cáseque 40 anos que Elixio Rivas nos dicía “quíxose castellanizar en Sandianes, pero a xente di sempre Sandiás”.

 Relacionar co mapa de fontán que mantén o topónimo sandiás. Ver si encontró o de Luis de ferro couselo ou o do libro da deputación.
. en 1870 o selo do concello está castelanizado (ver foto).
Mapas e recortes que teño no móvil.
. poner o mapa donde sale nun triángulo o germánico sandiás.
. tamén as referencias científicas ao mapa de fontán.

.A sua origem está em SANDILANES que, por perda do L e do N intervocálicos, dá Sandiães na Idade Média -e ainda hoje em Portugal-, e posteriormente Sandiaas > Sandiás. SANDILANIS é o genitivo de SANDILA, antropónimo germánico que significa "o verdadeiro". Portanto, "Sandianes" é umha burda invençom castelhanizante, pois nunca existiu como tal.
Fontes e imaxes
. val do limia, p. 497 e 507
. A limia II, 2018. P. 16-17.
. patrimonio da alta limia. 
.Jairo Javier García Sánchez, Atlas toponímico de España, Editorial Arco-Libros, 2007, p. 155-156
. Xulia Marqués Valea e Vicente Feijóo Ares; Toponimia de Xinzo de Limia (PPT)